Wednesday 15 de May de 2024

Malpica dará comezo ás Escolas Deportivas Municipais o vindeiro día 5 de outubro


O prazo para inscribirse nas mesmas remata o vindeiro 28 de setembro.

O Concello de Malpica dará comezo ás Escolas Deportivas Municipais o vindeiro día 5 e outubro. O prazo para inscribirse nas mesmas remata o vindeiro día 28 de setembro.
Tamén darán comezo as actividades para adultos, entre as que destacan zumba, o programa ‘Ponte en Forma’, pilates e ximnasia terapéutica. Para iso, o Concello habilitou a liña telefónica 981 720 001, á que poderá chamar calqueira persoa interesada en participar nas mesmas.
Para o desenvolvemento destas actividades, contarase cun protocolo sanitario para o correcto desempeño das mesmas. Haberá unha solución hidroalcólica a disposición dos usuarios e habilitaranse os espazos para poder respectar as medidas de distanciamento social.